Os branquiazuis estrearon o 2022 gañando 1-5 a un rival directo polo descenso
Xuvenil A
O Xuvenil A non puido empezar de mellor maneira o 2022, xa que conseguiu superar por 1-5 ao Real Avilés Industrial, rival directo para eludir o descenso e que marca nestes momentos a zona de perigo. Os branquiazuis, moi serios, foron superiores desde o inicio e conseguiron os tres puntos no encontro co que se pechaba a primeira volta.
Saíndo moi concentrados, o Compos adiantouse no marcador grazas ao tanto do seu pichichi Hugo Suárez, aproveitando unha contra. E á media hora, o mesmo protagonista anotaba o segundo rematando un centro de primeiras. Xa na segunda metade, Axel Sánchez, o capitán do equipo e que volvía da súa lesión, marcou o terceiro cunha gran volea á escuadra. E nos últimos
minutos, trala diana local, Roi Rama e Izan sentenciaban a contenda.
Ao peche da primeira parte da liga, os nosos levan 24 puntos, nove máis que o seu rival desta fin de semana. Agora abrirán a segunda volta contra o Pabellón Ourense.
Sigüeiro FC
Do mesmo xeito que o primeiro equipo, o Sigüeiro non puido xogar o seu partido por casos positivo de covid no seu rival, o Poboa. Aínda sen xogar, segue na segunda praza do subgrupo.
SD Compostela B
O Zona Vella non puido manter a súa boa dinámica e caeu por 1-0 na súa visita ao Trazo. Con todo, grazas aos resultados do resto da xornada, mantén a primeira posición, cun punto de vantaxe sobre o Villestro.
Cadete A
Mentres tanto, o Cadete A perdeu 3-1 contra o Rápido de Bouzas, na súa visita a terras viguesas. Dani marcou o tanto dos branquiazuis ante un gran rival.
O resto da xornada, a primeira deste novo ano, deixou os resultados indicados na imaxe e así marchan as súas respectivas clasificacións.

