1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro
O Cenor Obradoiro comeza o ano con vitoria ante o Estudiantes de Pontevedra (78-41)
O partido comezou cos dous equipos con moitos erros preto o aro, deixando o marcador sen mover ata o minuto catro do cuarto. Logo foi o equipo visitante foi o que deu o primeiro empurrón, metendo as primeiras canastras do partido.
Tras un tempo morto, o Cenor Obradoiro empezou a espertar mellorando a súa defensa no 1×1 e a defensa preto do aro. Grazas a isto chegaron as súas primeiras canastras anotando en contraataque.
No segundo cuarto, o Obra mellorou o seu ritmo de xogo, metendo canastras en contraataque e mellorando o acerto preto do aro. Pero o equipo visitante tamén foi capaz de volver xogar a un bo nivel, aproveitando máis opeche do rebote do Obradoiro para sumar unhas canastras de segunda oportunidade.
Para acabar o cuarto o Obra atopou o seu acerto desde o perímetro para anotar un tiro de 3 tras unha gran circulación do balón e uso do pase. O Obra foi ao vestiario coa vantaxe no marcador, pero non contento de todo, con moitas
posesións xogadas con poucos pases e unha defensa moi irregular.
O terceiro cuarto estivo moi marcado polo cambio de actitude en defensa do Obra. Sendo moito máis serios na defensa do 1×1, e esforzáronse para pechar o rebote defensivo. Así, o equipo deixou ao Estudiantes en só 6 puntos anotados.
Aínda así, os obradoiristas continuaban cometendo erros, sen anotar nin xogar con fluidez.
O último cuarto foi similar ao anterior, cos obradoiristas mantendo unha boa defensa, aínda que nos dous equipos xa se notou o cansazo nas pernas. Osobradoiristas aproveitaron para xogar baixando o ritmo e traballando situacións de balón interior, para mellorar o xogo dentro-fóra do equipo. O equipo visitante tamén atopou vantaxes xogando moi ben os cortes sen balón para atopar canastras preto ao aro.
Ao final o partido levouno o Obradoiro grazas ao seu traballo na primeira metade do partido por 78 a 41.
Os parciais por cuartos foron: 23-11, 27-15, 14-6 e 14-9.
O próximo partido será a volta contra Estudiantes o 23 de Xaneiro 16:00 en Pontevedra.
2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro
O Bahía Software Obradoiro cae ante o Basketdeza nun partido igualado (65-54)
O pasado sábado no Pavillón Municipal de Lalín xogouse o partido da primeira volta entre o invicto equipo local Basketdeza e o Bahía Software Obradoiro.
O primeiro cuarto mostrou o ritmo a seguir por parte dos dous equipos, presionando a toda pista e con posesións rápidas. Os obradoiristas saíron moi motivados ante un rival complicado, o que propiciou intercambios de canastras, chegando igualados ao segundo cuarto (14-15).
No segundo parcial, os locais comezaron a apertar na defensa a todo campo. O seu bo nivel físico e os 2×1 puxeron en complicacións ao Obradoiro e conseguiron unha gran vantaxe ao rematar a primeira metade (45-32).
Na reanudación, o estado anímico do equipo mantívose e incluso subiu, o que se veu reflectido na pista. Melloraron a súa defensa da zona (tamén no rebote) e conseguiron axustar a saída do balón. O Bahía Software Obradoiro chegaba ao
último cuarto tras recortar parte da distancia no marcador (53-47).
No último período, mantívose a igualdade ata moi preto do final. Os visitantes eran atrevidos ofensivamente (como durante todo o partido), pero a suma de perdas na primeira liña acabou por decantar o partido e que o Basketdeza quedase coa vitoria (65-54).https://www.fegaba.com/competiciones/buscador-de-grupos Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (8), Yago Suárez (13), Jairo Olivas (-), Héctor Blanco (14), Hugo Fraga (3), Hugo Balsa (-), Matteo Péndola (-), Miguel Sobrino (7), Eloy Rodríguez (7), Martín Seoane (-), Mario Rama (-) e Lois Freire (2).
Os parciais por cuartos foron: 14-15, 31-17, 8-15 e 12-7.
O equipo terá dobre partido o fin de semana que ven, xogando o aprazado recibindo ao Rianxo e tamén como locais ante Lalín.
2a DIV. INFANTIL: Camiño Inglés Obradoiro Oroso
Gran esforzo grupal do Camiño Inglés Obradoiro Oroso ante o La Salle Mixto a pesar da derrota (53-57)
O Camiño Inglés Obradoiro Oroso enfrontouse como local a La Salle Mixto. Tras o parón polas vacacións de Nadal os locais empezaron con moitas ganas e nervios por partes iguais ao volver á competición oficial contra un rival directo.
O partido comezou de maneira moi igualada para os dous equipos, acabando o cuarto cun parcial de 16 a 14 a favor dos locais grazas ás súas accións nas transicións ofensivas.
O segundo período tiña toda a intención de continuar como o anterior, polo que a defensa cobrou moita importancia para ambos os equipos. Sendo os locais os que levarían o segundo cuarto por unha diferenza de dous puntos.
No terceiro cuarto ambos os equipos impuxeron un xogo moi físico.
O último cuarto foi moi intenso debido ao intercambio de faltas de ambos os equipos e o acerto baixo o aro do equipo rival, o cal fixo que os locais fosen 5 puntos abaixo no marcador a falta de 2 minutos de xogo.
A pesar de que sacaron o seu carácter loitador e non deixaron de tentalo, seguiron pelexando ata o final do encontro que se decidiu a favor do visitante, La Salle Mixto tras fallar dous triplos o Camiño Inglés Obradoiro Oroso.
Os parciais por cuartos foron: 16-14, 16-14, 10-10 e 11-19.