Sociedade Deportiva Compostela conxuntamente co Arteal de Tenis de Mesa abre o prazo de preinscrición para a Escola Deportiva de de cara á Tempada 2021/22, cunhas clases que comezarán o vindeiro 6 de setembro
Este prazo para anotarse está dispoñible dende xa a través do formulario web e pódese recibir máis información no teléfono 636 47 81 45 (Pablo Lois), e no mail pablo@arteal.es.
Pódense inscribir nenas e nenos de 7 ata os 12 anos, con prazas limitadas ata un máximo de 30 participantes. Os prezos, en función dos días de clase, oscilan entre os 20 e 30€ ao mes, con cotas trimestrais. A actividade será impartida no local do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro e estará dirixida pola adestradora Gerusa Manhani e varios xogadores do persoal.
Os horarios serán en función dos grupos e do nivel, cun máximo de doce alumnos por cada un de eles, comezando ás 17.00 horas e rematando ás 20.15. Hai clases todos os días (de luns a venres) e cada grupo desfrutará de dúas xornadas á semana. Para Iniciación, o grupo será martes e xoves.
Que beneficios outorga o Tenis de Mesa?
Gañaremos coordinación, equilibrio, concentración, reflexos, amizades e aprenderemos o deporte con máis licencias federativas do mundo.
Niveis
- Iniciación
- Tecnificación
- Perfeccionamento.
Que debemos levar?
É preciso ir en roupa deportiva e levar a raqueta (hai servicio de empréstamo para aqueles que non dispoñan de raqueta).
Protocolo COVID
O Tenis de Mesa é considerado un deporte seguro por carecer de contacto, e manter a distancia de seguridade. Segundo o protocolo da Xunta e a Secretaría Xeral para O Deporte, durante a práctica do Tenis de Mesa non será preciso o uso da máscara. Con todo, unha vez fora da mesa, SI que será de uso obrigado.
A maiores, ata outubro desenvolveranse varias xornadas de portas abertas onde os nenos poderán compartir mesa e gozar cos xogadores profesionais dos equipos de SuperDivisión Masculina que participarán igualmente nas clases.
Non agardes mais, súmate a esta nova modalidade deportiva do COMPOS.
Contamos contigo!!!!
Todas as fillas e fillos dos seareiros do COMPOS terán dereito a probar unha semana de balde.
