
Infantil: Opticalia Obradoiro
O Opticalia Obradoiro consolídase no primeiro posto da clasificación ao vencer ao Básquet Ames (38-55)
O Opticalia Obradoiro mediuse esta fin de semana ante o Básquet Ames, primeiro e segundo clasificados respectivamente.
O encontro comezou con pouca anotación nos primeiros minutos, pero cos locais máis metidos no encontro e levando as primeiras vantaxes no marcador.
Unha rápida reacción obradoirista devolvía a igualdade ao choque, dinámica que se mantivo ata mediados do segundo período, momento no que o Opticalia Obradoiro lograba despegarse grazas a varias canastras ao contraataque para así chegar ao descanso cun 19-25 ao seu favor.
Tras o descanso os visitantes non foron capaces de manter o mesmo nivel defensivo que no segundo cuarto, permitindo máis puntos do Básquet Ames dentro da pintura.
Con todo, no últimos dez minutos despregaron o seu mellor xogo no que vai de tempada e ,grazas a unha gran intensidade defensiva e a unha boa circulación de balón, foron capaces de romper o partido ata o definitivo 38-55.